Xerra de boca trilobulada. Cerámica Común Romana

Xerra de boca trilobulada de Cerámica Común Romana, de cor ocre con manchas negras polo exterior, e con sinais de roda polo interior; a pasta é ocre e contén degraxante. Aínda que incompleta, os fragmentos conservados desta xerra de mediano tamaño permiten identificar perfectamente a súa forma (a denominada Vegas 46), coa súa característica boca de tres lóbulos e unha soa asa. É unha vasilla propia para o servizo de mesa máis que de cociña, pese a que este exemplar conserva algúns restos de feluxe polo exterior.