Sólidos áureos

Anverso: Cabeza mirando á dereita, con diadema de perlas e manto.

Reverso: Figura de pé con estandarte na dereita e Vitoria sobre globo na esquerda, pisando a un vencido.

Entre os achados monetarios deste castro, ó lado de numerosas pezas de bronce dos séculos III e IV, destaca a aparición de dous solidi de ouro, conservados a flor de cuño dada a súa escasa circulación. Atopáronse, ademais, no barrio máis diferenciado no centro da croa, consonte con outros materiais moi senlleiros. Son cuñaxes feitas en Mediolanum (Milán) a fins do s. IV (ano 395) polo emperador Teodosio a nome dos seus fillos Arcadio e Honorio asociados ó trono, neste caso ó primeiro, que logo herdaría o Imperio Romano de Oriente.

No seu anverso levan o retrato imperial con diadema perlada e manto e a lenda D N ARCADIVS P F AVG (“Noso señor Arcadio, pío e feliz Augusto”), mentres no reverso vai un soldado con estandarte na man dereita e unha Vitoria sobre globo na esquerda, pisando un inimigo, coa lenda VICTORIA AVGGG (“Vitoria dos tres Augustos”).

Material 
Ouro
Contexto cultural 
Romano (394-395 d.C.)
Dimensións (cm) 
2,10 (Ø máx.).

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional