Semis de Fausta (307-326 d.C.)

Anverso: Cabeza mirando á dereita, pelo enrolado nun moño, dentro dunha gráfila de puntos, coa lenda FI AV FAVSTA AVG.

Reverso: Figura feminina -Fausta- sostendo a dous nenos, dentro da gráfila de puntos, coa lenda SPES REI PVBLICA.

Os semisses eran moedas acuñadas en bronce e que en orixe equivalían a medio as; son características do Baixo Imperio, a partir da reforma monetaria de Diocleciano do ano 294 e son moi numerosas entre os achados monetarios do castro de Viladonga. O anverso representado corresponde a unha acuñación de Fausta, muller do emperador Constantino I, feita entre os anos 324 e 325.

Material 
Bronce
Contexto cultural 
Romano
Dimensións (cm) 
1,90 (Ø máx.).  2,22 gr.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional