Puñal

Puñal

Con empuñadura de sección circular (con concrecións de ferro irregulares), rematada en botón plano, baixo do que se advirte o arrinque dunhas posibles antenas. O "ricassos", ou parte situada baixo a empuñadura, está roto nun lado; a folla é triangular, moi alongada, cun nervio central polas dúas caras. Entre a panoplia de armas documentadas neste castro, as máis abundantes son os puñais e aínda así son sempre moi minoritarios en relación ás ferramentas e mesmo algúns coitelos puideron ter usos moi diversos, domésticos, artesanais ou bélicos. Porén, esta peza é un bo exemplo de arma de ferro pese ao seu regular estado de conservación.

Material 
Ferro
Contexto cultural 
Castrexo e galaico-romano
Dimensións (cm) 
30,7 x 4,5 x 1,5

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional