Placa de ferro en forma de peite ou ripo.
Feito con variñas de sección rectangular unidas, máis anchas nos extremos; leva unha especie de prancha máis grande, tamén de forma rectangular, no centro e polas dúas caras.
É esta unha peza moi curiosa, feita de variñas e placas de ferro (hoxe en regular estado de conservación), e que ten unhas interesantes connotacións tanto arqueolóxicas como etnográficas, pois se trata dun peite ou ripo para esfiañar o liño; é un exemplo máis dos obxectos achados neste castro que documentan ben os diversos labores, moi probablemente femininos, de tecido do liño e da la e que pode ser identificado precisamente polos seus paralelos etnográficos.