Pé ou soporte de caldeiro ou "sítula"

Pé ou soporte de caldeiro ou “sítula”, en forma de arco con dous remates sobresaíntes en cadanseus extremos e con dous buratos no seu corpo central. Leva unha decoración de liñas entrelazadas e círculos e apréciase, nun dos lados, unha marca impresa levemente, coas letras T.P.O (F?)  

Esta curiosa peza de bronce macizo, decorada e en moi bo estado de conservación, servía de soporte ou pé exento para caldeiros de bronce. Este tipo de obxectos, aínda que pouco destacados na bibliografía arqueolóxica, son porén moi coñecidos en certos ámbitos castrexos e romanos, onde ás veces destacan non só pola beleza da súa decoración, como sucede neste exemplar do castro de Viladonga, senón tamén porque adoitan asociarse á utilización de caldeiros “sagrados” ou situlae en determinados rituais simbólicos (iniciáticos, bélicos, relixiosos ou funerarios...). 

Material 
Bronce
Contexto cultural 
Castrexo e romano
Dimensións (cm) 
5 x 1,1 x 2

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional