Parede e fondo de cerámica romana (Terra Sigillata Hispánica)

Feita a molde, con decoración a base de figuras de animais superpostas (lebres e quizais cegoñas ou aguias), separadas por grupos de tres liñas onduladas. Pasta tipo N-19, cor “vermello inglés”.

Este exemplar de cerámica fina de mesa, fabricado nos alfares de Tricio (A Rioxa) representa ben os recipientes da chamada “Terra Sigillata Hispánica”, vasillas que son características e mesmo abundantes nos xacementos romanos pero máis raras, aínda que tamén presentes como demostra Viladonga, en sitios castrexos do Noroeste. Este exemplar corresponde á forma denominada Dragendorff 30 e leva unha decoración de figuras de animais frecuente neste tipo de vasillas. 

Material 
Cerámica
Contexto cultural 
Romano
Dimensións (cm) 
7,5 x 5

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional