Ola mediana de boca ancha

Reconstruída na súa forma completa. Ten o borde exvasado cara a fóra e é de forma globular, de cor marrón negra e ocre, con sinais de alisado ou “escobillado” e con restos de cinza.

Son relativamente numerosos no castro de Viladonga os achados cerámicos correspondentes a olas ou "orzas" de tamaño grande ou mediano, destinados a conter líquidos e/ou áridos, e mesmo como depósitos habituais de auga tendo en conta que dentro da croa aínda non se ten documentado ningún pozo, fonte ou alxibe. Neste caso é unha peza sen decoración pero con restos de alisado con algún instrumento en forma de pequena vasoira ou similar; as marcas de cinza parecen indicar que foi utilizada para quentar cousas no lume. 

Material 
Cerámica
Contexto cultural 
Castrexo e galaico-romano
Dimensións (cm) 
23,2 x 22,8 x 14 (Ø boca) 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional