Ola de cerámica de tradición castrexa

Totalmente reconstruída, esta gran ola u "orza" está feita a torno ou roda. Presenta  forma globular e unha cor marrón moi escura; ten o bordo exvasado cara a fóra, e conserva os sinais verticais e horizontais do alisado por ambas as dúas caras.

Cos moitos fragmentos atopados na escavación de 1984, conseguiuse reconstruír este gran recipiente de cerámica de clara tradición castrexa, destinado, probablemente, a contedor de auga ou de gran, sen desbotar o seu uso para cociñar. 

Material 
Cerámica
Contexto cultural 
Castrexo e galaico-romano
Dimensións (cm) 
27,5 x 34 x 16 (Ø boca)

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional