Fusaiola ou colgante de forma circular

Feita de pedra de lousa gris, cunha decoración de puntos distribuídos en 4 sectores radiais separados por liñas incisas, nas dúas caras da peza.

As fusaiolas, pezas para servir de contrapeso e para suxeitar os fíos no fuso, constitúen un achado abundante en xacementos como o de Viladonga, onde aparecen tanto as feitas de barro cocido como as de pedra de distintos tipos. Aínda que xeralmente son sinxelas e lisas, noutros casos, como este exemplar achado en 1983, teñen unha profusa decoración, principalmente a base de puntos e liñas, que mesmo fai pensar que a peza poidera servir igualmente como colgante ou adorno persoal

Material 
Pedra de lousa
Contexto cultural 
Castrexo e galaico-romano
Dimensións (cm) 
4,8

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional