Fragmento de tégula ou tella plana

Fragmento, de forma triangular, dunha tégula ou tella plana de barro con bordo de sección trapezoidal. Fabricada con pasta de cor ocre e con presenza de degraxante cuarcífero. Na parte anterior, preto do reborde, leva un selo impreso de forma circular, con letras en alfabeto grego.

Este anaco de tella é un claro indicador da ocupación do castro de Viladonga en época galaico-romana. Dentro deste tipo de pezas, moi comúns no castro, ésta ten a particularidade de presentar un selo impreso escrito en alfabeto grego, coa palabra Aquidon ou Ajidon, que pode ser o nome do seu fabricante -só documentado ata agora neste xacemento galego- ou ben que faga referencia á función ou destino, ou mesmo ó propietario, da construción á cuxa cuberta pertencería. 

Material 
Barro cocido
Contexto cultural 
Castrexo e galaico-romano
Dimensións (cm) 
21,5 x 13 x 2,8

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional