Fonte ou prato de cerámica romana de cor alaranxada

Con borde case recto e lixeiramente volto cara a dentro, cunha decoración no centro feita a base de liñas brunidas que forman unhas estrelas e raiados combinados con dous círculos feitos cunha grosa incisión.

Entre a cerámica común romana aparecida neste castro, destacan unha serie de fontes planas ou grandes pratos, de cor e pasta parda e con restos de engobe ou lixeiro verniz no caso desta peza, de cor alaranxada ou arrubiada. A súa forma e decoración, cando a teñen, veñen sendo unha imitación local ou rexional das pezas máis senlleiras da cerámica estampada tardía romana e paleocristiá, o que neste caso levaría a cronoloxía final do xacemento ata o século V d.n.e. 

Material 
Cerámica
Contexto cultural 
Galaico-romano
Dimensións (cm) 
22,5 (Ø máx.) 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional