Fíbula ou fibela incompleta de tipo Aucissa

Conserva parte da agulla e dous remates en botón. Presenta decoración no arco a base de liñas de puntos entre estrías en resalte; a base do arco ten a mesma decoración pero noutro sentido.

Entre as moi numerosas fíbulas ou prendedores con agulla para uso na vestimenta castrexa e galaico-romana que se documentan en Viladonga, destaca este tipo chamado “Aucissa” polo nome do seu fabricante ou taller orixinal, aínda que logo se difunde por boa parte do Imperio Romano. Este tipo de fíbulas son unha variante das fíbulas de gonzo curto e pé co remate en voo. Atribuídas inicialmente ós séculos I e II d.C. tiveron unha gran continuidade no tempo e caracterízanse -como algún dos exemplares achados neste castro- por teren unha sinxela pero coidada decoración. 

Material 
Bronce
Contexto cultural 
Romano
Dimensións (cm) 
5,2 x 2,7

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional