Enganche de cinto ou de tahalí

En forma de placa triangular moi alongada e con dous remaches, feito a fundición polo sistema da cera perdida; ten unha decoración en toda a súa parte superior feita a base de triángulos impresos ou estampados que van encaixados entre liñas.

A pesar do seu pequeno tamaño, este gancho ou peza de enganche de cinto ou de tahalí para armas é un obxecto que destaca pola súa boa conservación, pola súa coidada decoración e pola súa singularidade dentro das pezas de vestimenta e adorno de persoas e/ou de cabalerías. 

Material 
Bronce
Contexto cultural 
Galaico-romano
Dimensións (cm) 
4,6 x 1,1

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional