Bordo e parede de cerámica castrexa decorada

De pasta arrubiada e con degraxante; o borde é curvo cara a dentro e co labio plano; conserva o arrinque da parede de tipo globular, de cor gris moi escura; presenta unha liñas de cordóns verticais rematadas nunha mamila, con grupos de 5 liñas incisas onduladas e cruzadas con mamilas no interior; o borde adórnase con ungulacións. Entre a numerosa cerámica de tradición castrexa achada neste castro, son de salientar varias pezas que levan unha decoración moi característica e identificadora daquela tradición: trátase de aplicacións de barro formando mamilas e/ou cordóns ás veces en complicadas composicións xeométricas e incluso, coma aquí, combinándose con marcas de unllas no propio borde da vasilla.