Bastrén ou coitela

Bastrén ou coitela en forma de arco semicircular polo lado externo e co gume recto no interno; os extremos ou brazos para agarrar con ambas as dúas mans son de sección circular.

Este instrumento de ferro é un útil ou ferramenta que pode ser empregada para desbastar a madeira, para cortar vimbio ou palla -en labores de cestería- ou para fabricar calzados de madeira. Como moitas outras ferramentas de diversos materiais, indícanos a existencia de traballos e oficios durante a ocupación deste castro e identifícase ben polos seus paralelos etnográficos, mesmo en zonas próximas a Viladonga. 

Material 
Ferro
Contexto cultural 
Castrexo e galaico-romano
Dimensións (cm) 
30,8 x 4,5 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional