Ara votiva aos Lares Viales

Ara votiva ós Lares Viales achada en Bouzoá (Silva, Pol). Conserva tres ocos (foculi) no remate superior e a parte inferior está sen desbastar para fincala no chan. No campo epigráfico leva a inscrición: LARI (bvs) / VIAL (ibvs) / EX VO (to) [“Ós Lares Viais -cumpriu- o voto”].

Esta pequena pero preciosa ara votiva, feita en pedra de granito e con tres foculi ou pequenas cavidades para ofrendas, está dedicada ós Lares Viales, deuses romanos dos camiños e das encrucilladas, como indica a inscrición que leva, aínda que baixo ese nome é moi probable que se agachen outras divindades de carácter prerromano e propias do noroeste hispánico. Achada casualmente a pouca distancia (uns 2 km.) do castro de Viladonga, exponse neste museo como depósito do Provincial de Lugo. 

Material 
Pedra de granito
Contexto cultural 
Galaico-romano
Dimensións (cm) 
47 x 23 x 11 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional