Aplique con cabeza de león

Aplique de forma case cónica, coa figura dunha cabeza de león, feita a fundición polo sistema da cera perdida, presenta retoques a base de incisións de distinto grosor feitas cun buril ou instrumento similar. Na parte que representa a boca conserva restos dunha pequena anela ou abertura en sentido vertical. A  parte posterior é cóncava, con concrecións metálicas, quizais de chumbo.

Esta peza é, moi posiblemente, un aplique de mobiliario ou, menos probable, de vestimenta ou de arreo de cabalería, e é un tipo de obxecto característico entre os bronces de época romana pero máis raro de atopar en xacementos castrexos. 

Material 
Bronce 
Contexto cultural 
Romano
Dimensións (cm) 
4,3 x 2,3 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional