Alfinete ou prendedor

Decorado cunhas grosas estrías paralelas, ten un remate superior ou cabeza de forma cónica ó comezo da variña recta. É relativamente frecuente o achado en Viladonga, nos niveis galaico-romanos, deste tipo de grandes alfinetes ou prendedores de cabelo, feitos en bronce fundido sobre molde e con distintos tipos de cabeza ou remate superior que, ás veces e coma neste caso, levan algún tipo de decoración ou adorno moi sinxelo. Son pezas ben coñecidas en xacementos desta época, tanto urbanos como no ámbito rural.

Material 
Bronce
Contexto cultural 
Romano
Dimensións (cm) 
4 x 1,7

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional