REMATADO CON ÉXITO O V OBRADOIRO DE CESTERÍA

16
de
Novembro
de
2023
O sábado día 11 e o domingo día 12 celebrouse o V obradoiro de cestería tradicional de colmo, a cargo da artesá Lola Tourón. Esta actividade ten como finalidade recuperar e difundir este patrimonio etnográfico. A técnica de colmo, unha da máis antigas, ilustra o uso de pezas de cestería en época castrexa que non se conservan por tratarse de materiais orgánicos perecedoiros.





