O día 2 de xullo no Conxunto Etnográfico das Pallozas de O Cebreiro terá lugar un encontro de cestería con artesáns e artesás de distintos lugares. No cartel podedes consultar a relación de participantes. Durante sete horas e media todas as persoas que se acheguen a O Cebreiro poderán observar o traballo de cestería con distintos materiais e técnicas, desde os traballos máis tradicionais aos máis artísticos. Como remate do evento, teremos unha mesa redonda onde se debaterá sobre a artesanía como produto cultural e os actores do produto artesanal. Para amenizarnos a velada contaremos coa presenza de Lupe Blanco e Kike Estévez que improvisarán coas súas "regueifas".