O colexio Veleiro do Campo de Castro Ribeiras de Lea

O CEIP Veleiro do Campo de Castro Ribeiras de Lea, fará durante os meses de novembro e decembro deste ano un completo proxecto no Museo do Castro de Viladonga cuxa finalidade é traballar sobre a cultura castrexa dende diferentes puntos de vista da vida no castro para acadar unha idea global sobre ela. Cada nivel de ensino tratará unha materia determinada que se reflectirá nun traballo e posta en común no centro de ensino. Estas materias abordaranse no museo con material didáctico e obradoiros específicos. Traballarase sobre a alimentación, o vestiario, a vivenda, os oficios, os xogos e crenzas, a xoiaría e a economía no castro.






