Publícase o número 27 do boletín anual do Museo do Castro de Viladonga

Esta edición recolle coma outros anos, estudos de carácter histórico, etnográfico e museográfico, as actividades do museo e da súa asociación de amigos e as novidades bibliográficas recibidas na biblioteca do museo.
Por outra banda temos que destacar o traballo de Álvaro Pérez sobre a produción téxtil e as fusaiolas do castro de Viladonga; o artigo sobre os últimos traballos de escavacións e consolidacións no castro e tamén colaboracións como as de Celia Castro, Míriam Fernández, Encarna Lago, Xosé Otero...entre outras.



