Dixitalización das diapositivas do fondo documental do museo

O Museo do Castro de Viladonga ven de levar a cabo a dixitalización das aproximadamente 8.000 diapositivas que forman parte do seu amplo fondo documental. Este proceso evitará o deterioro das mesmas evitando a súa manipulación directa e facilitando a consulta e accesibilidade para investigadores e persoal que o solicite.
Este proxecto desenvolveuno a empresa consultora tecnolóxica Unayta e tivo unha duración de tres meses; foi financiado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia



