MULLERES RAÍZ

MULLERES RAÍZ
O vindeiro 16 de outubro, no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, celebramos unha actividade moi especial con motivo do Día Internacional da Muller Rural.
MULLERES RAÍZ é un concerto comentado da man de Martina Ferradás e Xavier Blanco, que nos convidan a entrar no universo das mulleres do rural a través da música xerado coas súas propias ferramentas de traballo convertidas en instrumentos musicais: máquinas de coser, agullas, leiteiras...
Un encontro para escoitar, sentir e recoñecer o papel fundamental das mulleres que sosteñen a vida no rural e do mundo enteiro.
Agardámosvos na Palloza Campelo o venres 16 de outubro ás 16:30. Non faltedes!




