Continuación da campaña de acondicionamento e consolidación no Castro de Viladonga

Castro de Viladonga
October 25, 2016

O 17 de outubro de 2016 retomouse a campaña de acondicionamento e consolidación arqueolóxica no Castro de Viladonga, iniciada no ano 2015. Os traballos están promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e cofinanciados polo Fondo Europeo de desenvolvemento (Feder).

A intervención deste ano consiste na reescavación e consolidación dunha boa parte da croa e da muralla do Castro, e foi levada a cabo pola empresa Terra Arqueos. Máis información en Castro de Viladonga, blog específico creado para dar a coñecer e difundir de xeito máis pormenorizado os resultados dos traballos de este ano.

Location

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional