Noite dos Museos. 19 de maio

Castro de Viladonga
14 de Maio de 2018

Este ano, para celebrar a Noite europea dos Museos, o Museo de Castro de Viladonga, contará as 17:30h. cun espazo de xogos e obradoiros de brinquedos a cargo da Cooperativa Miudiño. As 19:00h., o actor Avelino González fará unha visita contada ó Castro e ás 20:00h., o concerto Resoando no pasado, a cargo de Abraham Cupeiro. A partir das 17:30h. proxección contínua dunha presentación en lembranza de Xosé M. Carballo, presidente de honra da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga. As 21:00h. ofreceranse petiscos, bebidas e queimada por xentileza da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.

Castro de Viladonga
Castro de Viladonga

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional