Programación mes de xuño

Castro de Viladonga

Cando?

xuño

VISITAS TEATRALIZADAS

10 e 11 de xuño de 2019

Un ano máis Avelino González levaranos polo mundo da fantasía a coñecer a historia do castro de Viladonga, a partires dun persoeiro imaxinario viaxaremos ao mundo das pedras e escoitaremos o que nos contan.

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

5 xuño de 2019

Tódalas idades

Toda a mañá, en grupos de 25 persoas como máximo.

Celebra connosco o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano traballaremos o barro da man de Barroenvivo facendo bufos para recordar a biodiversidade na que vivimos e temos que conservar, tamén poderemos desfrutar da exposición “Aves da contorna de Viladonga”, ver e participar cun vídeo-xogo para os máis pequenos ou da proxección doutro para os maiores que nos amosa a historia do castro de Viladonga e das xentes que nel vivían contada dende a súa contorna natural.

E, como non, recordaremos o lema do Día Mundial do Medio Ambiente deste ano 2019 que fai un chamamento á poboación de todo o mundo en favor dun planeta sen contaminación por plásticos. Compartamos!

Sen Contaminación Por plástico”

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional