OBRADOIRO DE CESTERÍA

Castro de Viladonga

Cando?

sábado 10 e domigo 11 de Novembro

Os días 10 e 11 de novembro, de 11 a 14h. e de 16 a 18h. terá lugar un obradoiro de cestería no museo.

A cesteira Lola Tourón contará brevemente a historia, os materiais e o proceso de elaboración da cestería de colmo.

Cada participante (15 por orden de inscrición) elaborará unha pequena cesta. Deberán traer: mandil, navalla, punzón ou subela e botas para saír ao campo.

No caso de non asistir, prégase avisar para poder chamar ao seguinte da lista.

Inscrición no teléfono 982 87 01 60.

 

 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional