A Noite dos Museos

Davide Salvado e Pedro Pascual. Noite dos Museos 2017
Xogos populares na Noite dos Museos 2017
Ce Orquestra Pantasma, Noite dos Museos 2017

Cando?

Todos os anos, o sábado máis próximo ao 18 de maio

Como complemento do Día Internacional dos Museos, o Consello dos Museos de Francia ideou a partir de 2004 a celebración da Noite dos Museos, no sábado máis próximo a aquela data do 18 de maio, coa finalidade de abrilos aínda máis á sociedade por medio dunha serie de actividades e eventos a realizar en horario vespertino e nocturno, é dicir, en horas pouco habituais para visitar estes centros.

Así, a Noite dos Museos, á que o Museo do Castro de Viladonga uniuse desde o seu comezo, converteuse nun atractivo máis para utilizar e deleitarse co patrimonio cultural, neste caso vinculado a un xacemento arqueolóxico, por medio de actividades sociais e culturais que axudan notablemente a aquela integración e sintonía entre o museo e a comunidade que o ICOM quixo e quere potenciar con estas conmemoracións.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional