Día Internacional dos Museos 2018

Avelino Gonzalez

Cando?

18 de maio

En 1977, o Consello Internacional de Museos (ICOM), organismo vinculado á Unesco, decidiu dedicarlle un día (o 18 de maio) a estes centros, para difundir e espallar entre a sociedade o importante papel, non só patrimonial e cultural, senón tamén social e mesmo económico, dos centros museísticos de todo o mundo.

Desde entón, e escollendo cada ano un lema que fai referencia ás funcións, misións e valores específicos dos museos, esta conmemoración serve para que as comunidades de todo o mundo se acheguen máis a estes centros, participando nas súas actividades e asumindo as súas preocupacións de cara a un mellor coidado e aproveitamento sostible do patrimonio cultural e natural conservado e/ou vinculado ás entidades museísticas.

Este ano, co lema Museos hiperconectados. Enfoques novos, públicos novos, o Museo do Castro de Viladonga celebra este día cunha visita singular ó castro e ó museo a cargo do actor Avelino Gonzalez, que conectará pasado e futuro da investigación deste senlleiro xacemento arqueolóxico.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional