Castro

Imaxe aérea do castro de Viladonga, co museo ao fondo

O castro de Viladonga, declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia no ano 2009, destaca na paisaxe da Terra Chá lucense.

O xacemento é un verdadeiro modelo formal de castro característico do noroeste, con varias murallas e fosos, que albergan dous antecastros ou aterrazamentos e unha ampla croa central. Neste recinto principal é onde se atopan a maioría das construcións descubertas ata agora: vivendas, currais e almacéns, algún edificio de uso social ou comunal etc., agrupadas todas elas formando conxuntos ou "barrios" que se articulan en torno a dúas rúas principais e un camiño ou rolda paralela á muralla principal.

As estruturas defensivas e de habitación, así como os moi abundantes materiais que continuamente proporciona este xacemento arqueolóxico (e que se expoñen de xeito selectivo no seu museo anexo), evidencian que o castro de Viladonga tivo un asentamento ou ocupación duradeira e especialmente importante sobre todo entre os séculos II e V da nosa era, o que o converte nun sitio clave para coñecer, estudar e comprender a evolución do mundo dos castros e do ámbito rural na etapa galaico-romana.

Location

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional