Investigación arqueolóxica

Torques, actualmente no Museo Provincial de Lugo
Estruturas consolidadas no ano 2016

O interese polo castro de Viladonga xurdiu no ano 1911 a raíz do achado casual dun torques (actualmente no Museo Provincial de Lugo). Este feito e a súa impoñente presenza na paisaxe do somonte nordés da Terra Chá levou ao inicio de escavacións arqueolóxicas a comezos dos anos 70 do pasado século. Estes traballos, desenvoltos en sucesivas campañas ao longo de toda esa década, deron como froito a descuberta dun gran número de estruturas habitacionais na croa do castro así como a exhumación dunha abondosa e variada cultura material na súa meirande parte encadrada cronoloxicamente no séculos II a V d.C., na cultura galaico-romana.

Os traballos arqueolóxicos, retomados a partir dos primeiros anos 80, ampliaron o coñecemento do xacemento coa aplicación dunha metodoloxía arqueolóxica máis actualizada. Realizáronse tamén, a partir de entón, estudos monográficos dos materiais.

Na actualidade continúan as investigacións coa apertura de novas áreas de escavación e, especialmente desde o ano 2008, intervencións de consolidación e restauración das estruturas exhumadas e mellora da accesibilidade.

Location

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional